Evento: Mar de danza: Igor Yebra

Mar de danza: Igor Yebra
xoves, 16 decembro, 2021 - 19:00
Teatro Colón,
A Coruña

Mar de danza: Igor Yebra

Espectáculo de danza.

Nacido en Bilbao, Igor Yebra formouse na escola de Víctor Ullate, en Madrid. Debutou como profesional no Ballet de Víctor Ullate (1988-1996) e posteriormente emprendeu a súa carreira en solitario no Australian Ballet (1997-1999), primeira das moitas compañías internacionais dos cinco continentes coas que colaborou ao longo da súa traxectoria. A súa carreira internacional como freelance nutriuse de tres fontes principais: a escola francesa grazas a Charles Jude, a escola italiana da man de Carla Fracci e a escola rusa a través de Yuri Grigorovich. Entre os seus fitos profesionais, atópase o seu rol protagonista en Iván o Terrible, no Palacio de Congresos do Kremlin en 2004, converténdose Yebra no primeiro bailarín non ruso que interpretou este papel. Entre os seus galardóns destacan o Gran Premio de Eurovisión para mozos bailaríns (1989), o Premio ‘Danza & Danza’ ao ‘mellor bailarín do ano’ en Italia (1996), o segundo premio no concurso Maya Plitseskaya (1998) e o Premio Leonidas Massine en Italia (2003), entre outros. Igor Yebra foi Bailarín Estrela do Ballet da Ópera de Bordeus (2006-2016) e Primeiro Bailarín convidado do Ballet da Ópera de Roma (2002-2012).

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contando números, cantando cores
26 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Moby Dick
3 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Melisa quere traballar
10 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal