Evento: Esas cousas marabillosas

Esas cousas marabillosas
venres, 18 marzo, 2022 - 20:30
Pazo da Cultura de Narón,
Narón

Esas cousas marabillosas

Espectáculo de teatro.

“Esas cousas marabillosas” comeza cando o público vai entrando na sala e é recibido polo actor. Dálles a benvida, axúdaos a se acomodar, e dálles un papeliño que vai xogar no espectáculo. Cando empeza o espectáculo, o público xa leva un cacho dentro del sen sabelo e algúns cun papeliño na man. Cóntase unha historia de case tres décadas que comeza cando... mamá está no hospital: "Fixo unha parvada”, di papá, porque: “resúltalle difícil ser feliz”. Esta primeira tentativa de suicidio de mamá fai que o fillo (o protagonista), de sete anos daquela, comece a facer unha lista de todo o que é marabilloso no mundo. Todo polo que vale a pena vivir. 1. Os xeados. 2. As guerras de auga. 3. Non ir para cama á túa hora e poder quedar a mirando a tele. 4. A cor azul. 5. As cousas a cadros. 6. Unha montaña rusa. Deixa a lista na almofada de mamá co título “Todas esas cousas marabillosas”... Mamá leuna, sábese porque corrixiu a ortografía. Con moitos personaxes e moitas situacións, que se desenvolven coa axuda e a complicidade necesarias do público, constrúese esta peza tenra e emocionante sobre a depresión e ata onde chegamos pola xente a que amamos.

É unha peza tenra, emocionante e divertida.

É unha comedia sobre a depresión e o suicidio

É unha obra que pode cambiarche a vida…e para ben

Máis eventos de tipo Espectáculo

Moby Dick
3 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Melisa quere traballar
10 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Dende Rosalía ata as cantareiras: as mulleres nas Letras
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal