Evento: Día Internacional da Muller
Día Internacional da Muller
martes, 8 marzo, 2022 a xoves, 31 marzo, 2022
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña Día Internacional da Muller
Mostra bibliográfica
O tema do Día Internacional da Muller do próximo 8 de marzo de 2022, “Igualdade de xénero hoxe para un mañá sustentable”, recoñece a contribución das mulleres e as nenas de todo o mundo, que están a liderar os esforzos de resposta, mitigación e adaptación ao cambio climático para construír un futuro máis sustentable para todas as persoas.
A biblioteca ofréceche unha exposición bibliográfica na que atoparás unha elaborada selección de documentos cunha grande amplitude de temáticas.
Lugar: Vestíbulo
Datas: Do 8 ao 31 de marzo
Horario: de 8:30 a 20:30 horas