Evento: Soul & roll

Soul & roll
domingo, 10 abril, 2022 - 12:30
O Petisco,
Baiona

Soul & roll

Concerto de pop- rock.

Soul & roll é un dueto acústico formado por Tamara Pérez e Miguel Araújo que comeza a súa andaina en Ourense no ano 2013. Nos seus concertos prima o bo rolo e a espontaneidade. É un grupo ideal para pasar un intre agradable mentres se goza da música en directo dunha forma orixinal acompañados das guitarras acústicas, o ukelele, a percusión ou o loop station.

A agrupación conta con algún tema propio ademais dos temas versionados. Nos anos 2013 e 2014 gañaron, con algún deles, o segundo e primeiro premio respectivamente, no festival da canción do Grove. Aínda que os temas mais solicitados nos directos son as cancións máis representativas do Pop, Soul, Blues ou Rock tanto nacional como internacional.
Actualmente, ademais de manter o concepto co que se orixinou o grupo, están inmersos nos preparativos do espectáculo e repertorio novo co que pretenden enxalzar a nosa cultura e lingua pero sempre da maneira desenfadada que lles caracteriza.

  • Soul&Roll -Thinking out loud

Máis eventos de tipo Concerto

SUIT(E)
29 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
Rata Blanca
30 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
El Drogas
2 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5