Evento: Rockers Go To Hell
Rockers Go To Hell
En 1998 Alvaro e Kiko, por aquel entón cantante e guitarrista das Mandrágoras, deciden montar un repertorio de cancións dos seus ídolos dos anos 50: Elvis, Gene Vincent, Johnny Burnette, Eddie Cochran, Warren Smith, Link Wray, Jerry Le Lewis, Conway Twitty e todas as estrelas do firmamento do Rock´n´Roll e o Rockabilly. Acompañados de Andy (Big Bottom Band) ao contrabaixo e Saleta (Elephant Band, Meu) á batería estréanse ese verán. O éxito é rotundo: o repertorio máis grandioso da historia da música moderna e unha revisión do mesmo influenciada polo punk, como fosen as de Robert Gordon ou os Stray Cats son ingredientes infalibles.
Pouco despois cambian a súa formación incorporando a Mikelini Martínez ao baixo e Óscar Caramés aos tambores. Os seus catro membros tamén pariron algunhas das bandas máis interesantes da cidade (Mandrágoras, High Time, Thee Virus, Ultracuerpos), pero non por iso deixaron de alimentar o insaciable repertorio dos Rockers. Desde entón ata hoxe, a banda gañouse unha merecida reputación como banda tributo. O público que fielmente lles segue a través de todas as súas actuacións corrobóraa movendo as súas cadeiras ao frenético ritmo do Rock and Roll.
O seu repertorio renóvase constantemente con máis e máis himnos da época dourada e a solvencia interpretativa e show visual da banda refórzase con cada actuación. Ademais de Galicia con innumerables e memorables actuacións ao longo de todos estes anos, levaron o seu show a Festivais de Estremadura, Euskadi, foron banda ?residente? dos pubs Garufa cun concerto semanal durante 7 anos e Dublín. Ninguén nesta cidade contounos como foi aquel concerto de Elvis ao que asistiu, pero moitos viron aos Rockers Go To Hell e ningún saíu defraudado.