Evento: Festival de Cans 2022
Festival de Cans 2022
A XIX edición do Festival de Cans, no Porriño (Pontevedra), regresará en 2022 ás súas datas habituais de primavera e terá lugar entre o mércores 18 e o sábado 21 de maio, de modo que volverá coincidir en datas co Festival de Cannes francés, como xa é tradición. Así o decidiu a Asociación Cultural Arela, organizadora do certame, e así llo foi xa anticipando nos últimos días aos veciños que prestan as súas casas e galpóns, ademais da as principais institucións que apoian o evento, como o Concello do Porriño, a Deputación de Pontevedra, a Xunta e o Ministerio de Cultura e Deporte.
Deste xeito, a organización xa traballou nas últimas semanas nos contidos e no deseño da que será a XIX edición, que seguirá inicialmente as liñas das dúas últimas, dando maior relevancia ás proxeccións de cinema, ás actividades, aos encontros e coloquios e ás actividades diúrnas, pero sen renunciar ás actuacións musicais.
Máis eventos de tipo Festival