Evento: Comic – Con
Comic – Con
Como novidade, esta edición de Cómic-Con Moaña apostará por tres franxas horarias de diferenza. Unha delas será de luns a venres pola mañá. Ademais, todos os asistentes poderán gozar das diversas actividades incluídas na programación: taller de cómic; xogar ao Quidditch; circuíto de pistola nerf e diferentes posibilidades de adestramento.
A segunda opción horaria será de luns a xoves en horario de tarde: de 17:00 horas a 23:00 horas con acceso totalmente libre e gratuíto. O venres 17 e sábado 18 o horario será de 17:00 horas a 23:00 horas. Ambos os días ampliaranse as opcións de lecer con cinco computadoras de xogo; unha PS5; dous PS4 e dous Nintendo Switch; consolas retro; Switch e Wii. Este espazo será controlado pola asociación Gaming Troop.