Evento: Tesouro de Corcoesto
Tesouro de Corcoesto
España, 2015
Dirección, guión e produción: Cora Peña.
Duración: 98 minutos.
“Cando en 2013 empezamos a ter noticias do proxecto de mina de ouro en Corcoesto, en plena Costa da Morte, encendéusenos a luz de alarma. Tratábase dunha explotación a ceo aberto con tratamento de cianuro, unha das técnicas mineiras máis agresivas das practicadas no mundo. Unha estratexia empresarial opaca, unha política entreguista, unha poboación deprimida económicamente e polarizada en torno a un si ou non á mina, a alarma ecoloxista e un activismo cidadán urxente e efectivo que conseguíu o que non se prevía: parar a mina. Todo isto inspirou a realización de Tesouro de Corcoesto. O documental pretende ser unha ferramenta para a reflexión e o debate perante un modelo de desenvolvemento que víu propoñer o actual goberno da Xunta de Galicia. Un modelo que ten o lema “Galicia é unha mina”, e do cal Corcoesto sería o primeiro e máis senlleiro ejemplo”. Dirixida pola documentalista Cora Peña, unha longametraxe de produción independente e reflexión política, respaldada polo micromecenado de 180 persoas e asociacións.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual