Evento: Noites do Porto: Fernando Costa

Noites do Porto: Fernando Costa
venres, 21 outubro, 2022 - 19:30
Muelle de Batería,
A Coruña

Noites do Porto: Fernando Costa

Concerto de rap.

O 2022 supón un ano prometedor, xa que 4 anos despois de Yipiyou, Fernando Costa presenta TIRITITANDO, o seu esperado segundo álbum. Traballo do que xa nos adiantou algúns temas como Nana ft Natos e Waor (tema que alcanzaba nunhas horas o#2 posto de tendencias en Youtube), Oe ft Dollar, Fumando Serio xunto a Delaossa. E Hasta Cuando; tema que entraba no top 3 de Youtube, e que en 3 semanas alcanzaba 1M de visualizacións en Youtube.

Tirititando promete ser un dos lanzamentos máis importantes de 2022 no noso país. Tirititando recolle a evolución no seu son, a bendición dos grandes da escena e a mesma actitude rueira de sempre. O traballo vía a luz o27 de maio, e coa estrea do mesmo Fernando Costa dá un golpe na mesa e volve aos básicos do xénero. Así se gañou o respecto da escena, demostrada a base de colaboracións como as xa presentadas pero tamén de Foyone ou Sceno, en 100 problemas, e Ayax e Prok, en Fuck Dá Popo. Neste álbum, Fernando Costa xógalla experimentando co seu son e probando con producións que se saen do habitual. Esta é a fórmula secreta detrás de ?TIRITITANDO?. Un total de dezaseis cortes, entre os que atopamos temas como Oe, onde Dollar brilla levándose a Fernando Costa ao seu propio universo; outros máis rueiros, críticos como Auxilio, flamencos como Mala ou cheos de puro sentimento como Yano ou Shorty.

Máis eventos de tipo Concerto

Derby Motoreta’s Burrito Kachimba
25 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Tecendo afectos
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense
Carlangas
26 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5