O hábito lector xoga un papel determinante na formación como persoas dos nenos e das nenas. Trátase dunha das ferramentas imprescindibles das que fan uso as nais, pais e/ou responsables da súa súa educación. O hábito lector contribúe a unha aprendizaxe integral e permanente, abre vías para a reflexión e o pensamento, activa a imaxinación a partir da palabra, reforza as habilidades vinculadas coa linguaxe e ofrece, sobre todo, un lecer pracenteiro cunha morea de beneficios para quen aprende a gozar del.
A formación de lectores, como todos os procesos de educación infantil, é una tarefa compartida entre a familia, a escola e da sociedade no seu conxunto. Pero, sen dúbida ningunha, correspóndelles aos pais e nais o papel primordial no achegamento inicial dos máis pequenos á lectura.
Facilitamos aquí varios materiais e guías para as primeiras idades co obxecto de que as familias e mediadores en xeral tiren proveito do pracer da lectura como chave para a vida presente e futura dos máis pequenos.
MATERIAIS
VÍDEOS
OUTROS VÍDEOS
- Vídeo Cristina Novoa (2), do Departamento de Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta
- Vídeo Cristina Novoa (3), do Departamento de Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta
OUTROS RECURSOS
- Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
- Ler conta moito
- Bibliotecas escolares de Galicia
- Guías de lectura dos centros escolares públicos de Galicia
- Clubs de Lectura de Galicia