Memoria de actividades de cultura 2016

Resumo das principais liñas de actividade realizadas o pasado ano desde a Consellería de Cultura e Educación nos ámbitos da cultura.

A celebración da Feira Internacional do Libro de Buenos Aires, coa cultura galega como protagonista; do Congreso Pen Internacional; a feira das músicas do mundo Womex en Galicia; ou mostra monográfica dedicada ao Mestre Mateo no Museo Nacional del Prado s on algúns dos fitos do 2016. Ademais, desde o pasado ano cóntase cun novo marco legal, a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, que integra de xeito coherente o conxunto da protección dos bens materiais e inmateriais, como se describe nesta memoria.

Nestas páxinas resúmense, ademais, programacións e actuacións nos diferentes sectores, desde a plástica ás artes escénicas, dos diversos centros da consellería, desde a Cidade da Cultura de Galicia ao Museo do Castro de Viladonga. Unha fotografía anual da actividade da Xunta de Galicia en materia cultural ao servizo da cidadanía de Galicia.

 

Documentos relacionados