Nova: A Xornada do Día das Letras Galegas 2023 do CAFI homenaxea ao profesor Luis Gómez Aldegunde

20/04/2023

A Xornada do Día das Letras Galegas 2023 do CAFI homenaxea ao profesor Luis Gómez Aldegunde

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2023

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta tarde na inauguración da Xornada do Día das Letras Galegas dedicadas a Francisco Fernández del Riego, organizada como cada ano polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística co gallo de intercambiar entre o profesorado información e recursos que permitan ao alumnado coñecer a figura destacada das Letras Galegas.

O acto inaugural foi tamén unha homenaxe a Luís Gómez Aldegunde, profesor de Lingua e Literatura Galega e coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Plurilingüe dos Dices (Rois), pola súa contribución ao fomento do galego e á difusión da súa literatura a través dos seus famosos telexornais das Letras Galegas.

Tamén participaron na apertura destas xornadas, que continúan nas tardes do 27 de abril e 4 de maio no Pazo de San Roque, o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; Manuel Román Ramos, representante da Mesa Coordinador Don Paco de Lourenzá; Xoan Carlos Rodríguez, asesor do CAFI e, a través de videoconferencia, Ana María Fernández del Riego, irmá do autor.

 

Comparte