Nova: Román Rodríguez destaca o apoio da Xunta ás librarías a través do Plan de Impulso ao Libro Galego
11/11/2023
Román Rodríguez destaca o apoio da Xunta ás librarías a través do Plan de Impulso ao Libro Galego
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe a Libraría Biblios en Betanzos co gallo do Día das Librarías, que se celebra este sábado. Alí puxo en valor o papel fundamental que xogan estes establecementos para a cultura e lembrou que Galicia é a comunidade con máis librarías por cada 100.000 habitantes: 10,6 fronte a media estatal de 6,2.
A Xunta colabora coas librarías a través do Plan de impulso ao libro galego cun investimento de 3M€ en distintas medidas, como a difusión de novas ferramentas dixitais, a realización de actividades formativas ou o desenvolvemento do circuíto galego das feiras do libro. Precisamente, o circuíto contou este ano con máis de 18.000 participantes e 102 librarías e incrementou en máis dun 5% as súas vendas.