Nova: López Campos asiste á colocación da estrela do cineasta David Trueba no Festival de Cans

25/05/2024

López Campos asiste á colocación da estrela do cineasta David Trueba no Festival de Cans

O Porriño (Pontevedra), 25 de maio de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe á colocación da estrela ao cinesta David Trueba que lle concede o Festival de Cans na súa vixésimo primeira edición.

Xornalista, novelista, guionista e director cinematográfico, David Trueba é un dos nomes máis destacados de panorama cinematográfico español dos últimos anos. Ademais desta homenaxe, o director de Vivir es fácil con los ojos cerrados, Soldados de Salamina ou a máis recente Saben aquell participará ese mesmo día nun coloquio ca veciñanza e tamén coas persoas visitantes, que se acheguen a participar do último día deste coñecido certame que se celebra na aldea de Cans, no Porriño.

Comparte