Nova: O director de industrias culturais aborda novas oportunidades de expansión da música galega no comité de ‘AIEn ruta Artistas’

02/10/2024

O director de industrias culturais aborda novas oportunidades de expansión da música galega no comité de ‘AIEn ruta Artistas’

Madrid, 2 de outubro de 2024

O director da Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, participou hoxe en Madrid nunha reunión previa do comité de selección de AIEn ruta Artistas, o circuíto nacional de distribución de música que impulsa e coordina a Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes (AIE) xunto a distintas entidades colaboradoras públicas e privadas de todo o territorio español.

Esta é a primeira ocasión na que a Xunta de Galicia está representada nesta xuntanza, preparatoria para fixar o desenvolvemento e a selección de formacións e solistas de todos os estilos musicais que integrarán o primeiro ciclo de programación de 2025. O obxectivo da posta en común, na que tamén interviñeron, entre outros, por parte da AIE Luis Mendo e Gema Sánchez, así como o músico galego Xacobe Martínez Antelo, é poder prestarlle apoio a esta iniciativa para posibilitar a maior presenza da música galega fóra de Galicia a partir do segundo semestre de 2025 a través da ampla rede de salas de concertos que forman parte de AIEn ruta Artistas.

Comparte