Nova: Anxo M. Lorenzo analiza cos responsables dos museos da Xunta as accións a desenvolver nos vindeiros meses

17/02/2025
Anxo M. Lorenzo analiza cos responsables dos museos da Xunta as accións a desenvolver nos vindeiros meses
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2025
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, mantivo un encontro hoxe cos responsables dos museos xestionados pola Xunta de Galicia para analizar as necesidades internas e de xestión dos centros, así como as accións a desenvolver nos vindeiros meses polo Museo Massó, en Bueu; o Museo de Belas Artes, na Coruña; o Museo das Peregrinacións e de Santiago, na capital galega; o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense; o Museo do Viño, en Ribadavia, e o Museo do Castro de Viladonga, en Castro de Rei.
Na reunión abordáronse cuestións como a programación dos centros, accións puntuais con motivo das distintas efemérides ou outro tipo de actividades para dinamizar a cultura en moi distintos puntos do territorio.