Nova: López Campos analiza coa Asociación Galega de Empresas Musicais os avances na elaboración do primeiro plan estratéxico do sector en Galicia

20/02/2025

López Campos analiza coa Asociación Galega de Empresas Musicais os avances na elaboración do primeiro plan estratéxico do sector en Galicia

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Patricia Hermida, reuníronse esta mañá para abordar o avance na elaboración do primeiro Plan Estratéxico da Industria Musical de Galicia por parte deste colectivo, co apoio económico da Xunta. Participaron tamén na xuntanza Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, e Josiño Carballo, tesoureiro da asociación.

Nela, afondouse nos datos obtidos tras a finalización da primeira parte deste proxecto, centrada na análise DAFO do sector, que permite poñer en valor a súa riqueza artística, calidade profesional, identidade cultural propia e potencial de internacionalización e captación de novos públicos, ao tempo que identifica posibles melloras estruturais como paso previo cara á definición dos obxectivos estratéxicos e áreas de actuación prioritarias nas seguintes fases desta folla de ruta.

Comparte