Nova: López Campos recibe os directores galegos de ‘Cafuné’, premio Goya á mellor curtametraxe de animación

21/04/2025
López Campos recibe os directores galegos de ‘Cafuné’, premio Goya á mellor curtametraxe de animación
Santiago de Compostela, 21 de abril de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse hoxe con Lorena Ares e Carlos Fernández de Vigo, os directores galegos de Cafuné, premio Goya 2025 á mellor curtametraxe de animación. O responsable de Cultura da Xunta de Galicia felicitounos por este recoñecemento, co que culminan unha sólida traxectoria ao longo da que tamén foron finalistas destes galardóns con outras tres das súas producións.
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou tamén nesta xuntanza, na que os creadores de Cafuné lles avanzaron as principais liñas de traballo e proxectos que están a desenvolver co seu estudio, asentado actualmente en Navarra.