Nova: A Fundación Eugenio Granell amosa a obra dos oito mozos finalistas en deseño de xoias do Xuventude Crea
17/11/2015
A Fundación Eugenio Granell amosa a obra dos oito mozos finalistas en deseño de xoias do Xuventude Crea
A exposición, que estará aberta de martes a sábado, poderanse ver as coleccións de cada autor, compostas por tres pezas
Os premios das once disciplinas do Xuventude Crea son 3.000 euros ao primeiro, 1.500 euros ao segundo e 1.000 euros ao terceiro
O 17 de novembro terá lugar a final da especialidade de deseño de xoias
Santiago, 17 de novembro de 2015.- A Fundación Eugenio Granell de Santiago acolle a mostra do traballo dos oito mozos e mozas finalistas da especialidade de deseño de xoias do certame Xuventude Crea, organizado pola Consellería de Política Social, e que poderá visitarse ata o vindeiro 28 de novembro. O obxectivo fundamental deste programa é que os mozos e mozas poidan manifestar a súa inquedanza artística e cultural, ao mesmo tempo que se fomenta a súa creatividade, como mostra do talento da mocidade galega.
A mostra, que estará aberta de martes a sábado na Fundación Eugenio Granell, poderanse ver as coleccións de cada autor, compostas por tres pezas. Os finalistas son Sonia Fernández Gandásegui (Oleiros) coa colección ‘Migracións’; Sergio Pazos Maneiro (Castro de Rey) con ‘Branco Marea’; Paula García Carballal (Pontevedra) co proxecto ‘Plumas para volar’; Eva Baqueiro Gil (Cangas) coa obra ‘Suspiros de liberdade’; Alejandro Rodeiro Mauriz (Mugardos) coa colección ‘A árbore da vida’; María Isabel Domínguez Perea (Vigo) con ‘Fogoso amor’; Ángel Alberto Otero Frías (Vigo) coa obra ‘As pústulas douradas’; e Santiago López Chas (A Coruña) co proxecto ‘Metamorfosis de la lemniscata’.
Na edición de 2015 no certame de creadores novos Xuventude Crea participaron máis de 300 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos en 11 especialidades diferentes: música, teatro, deseño de xoias, moda, artes plásticas, fotografía, videocreación, banda deseñada, graffiti, poesía e relato breve. Os premios nas 11 especialidades serán de 3.000 euros para os gañadores; 1.500 euros para os segundos; e 1.000 euros para os terceiros. Tamén poden darse mencións de honra, sen dotación económica.
Esta iniciativa inscríbese no Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2014-2016, que ten como un dos seus eixos principais o fomento da creatividade e o espírito empresarial e propón 22 medidas concretas para seguir avanzando neste eido.
Ata o vindeiro 28 de novembro poderá visitarse na Igrexa da USC a mostra dos 32 proxectos finalistas das especialidades de fotografía (16) e de artes plásticas que comprende pintura (9) e escultura (7). O acto final de entrega de premios das 11 especialidades terá lugar o próximo 3 de decembro.
Outras especialidades
Na especialidade de música, o primeiro premio foi para o grupo Diariodeverano (DDV) da Coruña; o segundo para Fripp&Kite, tamen da Coruña; e o terceiro premio foi compartido entre o solista Umbra (Pontevedra) e o grupo Ofmates (Cherry Bomb) de Pontedeume.
Na especialidade de artes plásticas, que inclúe pintura e escultura, os mozos e mozas premiados foron: o primeiro premio compartido entre Beatriz Sieiro Caramés (Pontevedra) coa obra ‘Sen ti’ e Ruth Miguel Díaz (Lugo) con ‘Habitar, erosión e ruína’; o segundo premio, tamén compartido, recaeu en Adrián Taracido Fernández (Cedeira) con ‘Diafanía’ e en Javier Sande Iglesias (Noia) por ‘Remigio’; e o terceiro compartido foi para Adrián Penido Nuñez (Silleda) coa obra ‘Conciencia plástica’ e para Carlos Copa Josenge (Lugo) co proxecto ‘Puzzle de fluidofaunorostros’. O xurado outorgou unha mención de honra á obra ‘Trazos físicos da Terra’ de Silvia Capelo Álvarez (A Baña).
En fotografía o primeiro premio foi compartido entre Breogán Alamacos Millán (Lugo) coa obra ‘Galiza is different’ e Alejandro Lorenzana Velasco (A Coruña) con ‘Outro punto de vista’; o segundo premio compartido recaeu en Estefanía Andre Feijoó (Vigo) polo proxecto ‘Pegadas’ e Carla Pérez Vázquez (Boqueixón) por ‘Espellos. Espazo de reflexión’; e o terceiro premio, tamén compartido, recaeu en Lara Torres Rodríguez (Santiago) por ‘Poemas obxecto’ e en Tania Cuíña Gómez (Silleda) con ‘Recordo’. Unha mención de honra foi para María Rosario López Sánchez (Boiro) pola obra ‘Do ermo’.
No que atinxe á modalidade teatral, Vacaloura teátrica (O Rosal) coa obra ‘Mousike e as kronomusas’ recibiu o primeiro premio; o segundo foi para Pinchacarneiro teatro (Noia) pola representación ‘Vilar de inferno’; e o terceiro premio foi compartido entre Non si? Teatro (Baiona) co proxecto ‘Variacións dun soño sen título’ e Fusco e Lusco do IES Universidade Laboral de Ourense coa obra ‘Vodas de sangue’.
Na especialidade de moda, o primeiro premio foi para a colección ‘Jane Rocks’ de Irene Muiños Pereira (Mos); o segundo para Yolanda Román Vázquez (Vigo) pola obra ‘Militante vanguardista’ e o terceiro premio para Iria Carrera Chapela (Vigo) por ‘#Tags for life’. Estas obras poden visitarse durante este mes nas tendas de El Corte Inglés en Vigo.
En videocreación, Inés Miras Vieites (Santiago) recibiu o primeiro premio polo proxecto ‘Volta atrás’; Denisse Lorenzo Hermida (Vilalba) o segundo por ‘Alén das pantallas’; e Estela Suárez Recouso con ‘Extrusión social’ recibiu o terceiro premio, xunto con M.ª del Pilar Boullosa Álvarez, coa obra ‘Luscofusco’.
En poesía, o primeiro premio foi compartido entre Brais Lamela Gómez, (Vilalba), coa obra ‘Memorias dun cuarto afincado en Nevermore’ e Mónica Sánchez Rodríguez (Monforte de Lemos) polo poemario ‘O sosego do lodo’. O segundo premio, tamén compartido, recaeu en Andrea Aris Couso (Vigo) pola obra ‘3/cuartos de fame’ e en Sonia Martínez López (Sarria) por ‘Interacións fundamentais’. E o terceiro compartido foi para Fabián Freijedo Fariñas (O Carballiño) con ‘00023-KZ Arquivo Chus Psiquiatría’ e para Celia Parra Díaz (Ourense) pola obra ‘Profundidade de tacto’.
En graffiti, o primeiro premio recaeu en Ramón Conde-Corbal Varela (Mon Devane) de Ourense, co proxecto ‘Festa neón’; o segundo premio en Tirso Paz Sans (Bublegum) de Lugo coa obra ‘Mirada melosa’ e o terceiro premio foi compartido entre: Marcos Lamas Bestilleiro (Silcoe) da Coruña por ‘O rostro do querer’ e Abraham Caride Fernández (O neto do Santos) de Ourense con ‘Enxebre’.
Na especialidade de relato breve, o primeiro premio recaeu en Brais Lamela Gómez (Vilalba) pola obra ‘Barcos de Palma de Ecuador’; o segundo foi compartido entre Andrés Carrasco Solla (Pontevedra) por ‘Os dominios do caos’ e Xacobe Pato Rodriguez Gigirey (Santiago) co proxecto ‘As voces estridentes’; e o terceiro premio, tamén compartido, foi para Hérber Fernández Pérez (Chantada) coa obra ‘Boi e muiñeira’ e Rubén Pérez Pombo (Lugo) con ‘O Tintiño’.
En banda deseñada, o primeiro premio foi para Xulia Pisón Egea (A Coruña) pola obra ‘Ata o derradeiro alento’; o segundo para Inés Vázquez Ramallal (Carral) por ‘Eulalia e o bosque dos aparecidos’ e o terceiro para Daniel Corrada Rodríguez polo proxecto ‘Tódalas bruxas son malas’.