Nova: Amancio Prada recibe o XIII Premio Laxeiro

19/02/2016

Amancio Prada recibe o XIII Premio Laxeiro

Recibe esta distinción polo seu traballo no ámbito musical e literario, musicando poemas de autores como Rosalía de Castro ou Álvaro Cunqueiro

  • Amancio Prada

Santiago, 19 de febreiro de 2016.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Educación, dálle os parabéns a Amancio Prada, gañador do XIII Premio Fundación Laxeiro.

Amancio Prada recibe este premio polo seu traballo no ámbito musical e literario, musicando poemas de autores como Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, ademais da lírica popular galega e a lírica trobadoresca galaico-portuguesa e mesmo a obra en galego de Lorca, en numerosas referencias discográficas e espectáculos que, sen dúbida, contribuíron dunha forma decisiva a universalizar as letras, a música e a cultura galegas.

Comparte