Nova: A antiga igrexa de San Francisco rehabilitarase como espazo museístico

19/09/2016
A antiga igrexa de San Francisco rehabilitarase como espazo museístico
O titular da Xunta presidiu a sinatura do convenio co Concello de Ourense
Ourense, 19 de setembro de 2016.- O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu a sinatura do convenio de colaboración co concello para a rehabilitación da antiga Igrexa de San Francisco como espazo museístico.