Nova: Comezan os preparativos para a homenaxe a Carlos Casares en Xinzo de Limia o Día das Letras Galegas

11/04/2017

Comezan os preparativos para a homenaxe a Carlos Casares en Xinzo de Limia o Día das Letras Galegas

O recoñecemento institucional da Xunta de Galicia e o acto principal da RAG terán lugar o 17 de maio neste concello, ao que o escritor foi vivir coa súa familia aos 4 anos de idade

  • O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse esta mañá co alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, para coordinar o acto institucional do próximo 17 de maio O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse esta mañá co alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, para coordinar o acto institucional do próximo 17 de maio

Xinzo de Limia (Ourense), 11 de abril de 2017.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse co alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, para coordinar o acto institucional do próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, no marco dunha xuntanza na que tamén participaron o concelleiro de Cultura, Luis Miguel Gil, e o presidente do Centro PEN Galicia, Luís González Tosar.

A homenaxe institucional da Xunta de Galicia a Casares e o acto principal da Real Academia Galega terán lugar o próximo 17 de maio no municipio limiao, ao que o escritor foi vivir coa súa familia aos 4 anos de idade. As vivencias na comarca da Limia terán unha destacada pegada na obra literaria de Casares.
 

Comparte