Nova: Aida Soilán presenta a súa novela 'Orillas de Ébano'

13/08/2017

Aida Soilán presenta a súa novela 'Orillas de Ébano'

A escritora e xornalista lucense deu a coñecer a súa primeira obra na Feira do Libro de Viveiro

  • Presentación da novela 'Orillas de Ébano' de Aida Soilán Presentación da novela 'Orillas de Ébano' de Aida Soilán
  • Presentación da novela 'Orillas de Ébano' de Aida Soilán Presentación da novela 'Orillas de Ébano' de Aida Soilán

Viveiro (Lugo), 13 de agosto de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou esta tarde, na presentación da novela Orillas de Ébano, primeira obra da escritora e xornalista lucense Aida Soilán.

Na presentación, que se desenvolveu no marco dos actos da Feira do libro de Viveiro, ademais de Balseiro e a propia autora, tamén participou Xavier Rodríguez Lombardero, delegado de El Progreso na Mariña.

José Manuel Balseiro encomiu “a capacidade da novelista para urdir, a partir dunha serie de entrevistas xornalísticas, unha atractiva historia de ficción que xa enganchou a numerosos lectores”. Asi mesmo lembrou que a Xunta de Galicia está a desenvolver a “Estratexia da Cultura Galega 2021” en torno a tres eixos básicos: a consolidación da industria editorial de Galicia, o impulso da difusión do libro galego e dos autores galegos e, finalmente, o fomento do hábito lector entre a cidadanía.

Así, a Xunta colabora coa Federación de Librarías de Galicia na organización de feiras do libro como marco idóneo para a consecución deses obxectivos. Tamén sinalou que as feiras como a de Viveiro “ofrecen a oportunidade de coñecer as últimas novidades editoriais e a autores consagrados ou noveis como é o caso de Aida Soilán que xa está acadando numerosos éxitos con Orillas de Ébano pero que de seguro aínda lle quedan moitos máis por chegar”.

 

Comparte