Nova: As fotos máis antigas de Galicia expóñense en Santiago

02/09/2014

As fotos máis antigas de Galicia expóñense en Santiago

A mostra estará dispoñible no Café Casino e, posteriormente, percorrerá outros catro centros socioculturais da capital galega

Parte das imaxes foron parte dun álbum fotográfico co que se agasallou á raíña Isabel II nunha visita oficial que fixo a Santiago no ano 1858
 
  • Exposición 'As fotos máis antigas de Galicia' Exposición 'As fotos máis antigas de Galicia'
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe no Café Casino de Santiago ‘As fotos máis antigas de Galicia’ O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe no Café Casino de Santiago ‘As fotos máis antigas de Galicia’

Santiago, 2 de setembro de 2014.- O Café Casino de Santiago acolle desde hoxe ‘As fotos máis antigas de Galicia’, unha exposición que reúne un total de vinte instantáneas –dezanove de Santiago e unha de Ferrol– nas que se amosan monumentos, espazos ou acontecementos de mediados do século XIX. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, foi o encartado de inaugurar a mostra.

Nesta exposición, levada a cabo por Alvarellos Editorial en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación e co Concello de Santiago, “atopámonos –dixo Vázquez Abad– ante unha senlleira representación visual na que, máis que cantidade, o que importa realmente é o agasallo documental e artístico” que estará dispoñible no Café Casino da rúa do Vilar todo o mes de setembro e, nos próximos meses, percorrerá un total de catro centros socioculturais da capital galega –Fontiñas, A Rocha, Ensanche e Conxo– para viaxar, posteriormente, a outros puntos do país.

As fotografías
Parte das imaxes, agora rescatadas, foron incluidas no álbum fotográfico co que se agasallou á raíña Isabel II cando, no ano 1858, visitou Santiago e diversos puntos da comunidade autónoma, e proceden de varios arquivos públicos, coleccións privadas, traballos de investigación ou do Palacio Real de Madrid onde aínda se conserva un orixinal.

O artista compostelán Andrés Marcelino Cisneros é o autor de dezanove das vinte imaxes que, por primeira vez, se poderán ver xuntas en público. Tal e como dixo Vázquez Abad, detrás do obxectivo destas imaxes “descubrimos a un auténtico precursor da fotografía galega e española ao que lle debemos o feito de que Santiago de Compostela figure entre as cidades pioneiras no cultivo dun xénero artístico que revolucionaría a nosa forma de ver a realidade, a nosa maneira de ver e comprender o mundo, como é a fotografía”.

A editorial Alvarellos xa publicou o pasado mes de agosto unha serie de dez postais conmemorativas cunha selección das mellores imaxes que se poden ver nesta mostra xa que, segundo sinala Alvarellos “a orixe e difusión das cartas postais está moi vencellada ao invento da fotografía, polo que pensamos que era unha boa idea esta edición de postais”.

Comparte