Nova: Antía Cal presenta O arte e a súa historia

18/12/2017
Antía Cal presenta O arte e a súa historia
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2017.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou hoxe ao serán a Antía Cal na presentación da obra O arte e a súa historia, que publica Laiovento en edición facsímile coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. No acto, que se celebrou na compostelá Libraría Couceiro, tamén participaron Antón Beiras e Xosé Manuel Beiras.