Nova: Manuel Méndez Silvelo, o gaiteiro de Outeiro, será homenaxeado nunha nova edición do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas
04/04/2019
Manuel Méndez Silvelo, o gaiteiro de Outeiro, será homenaxeado nunha nova edición do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas
Lugo, 4 de abril de 2019.- A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación dunha nova edición do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas e a Feira do Viño de Quiroga, que se celebrará o 20 de abril nesta localidade. No acto participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez e o concelleiro de Cultura, José Luis Rivera; o director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo, e os gaiteiros Alberto Roncero e Lorenzo Lemos.
Este ano participan no certame trece bandas de distintos concellos das provincias de Lugo, Ourense e A Coruña. A figura homenaxeada será a do polifacético artista Manuel Méndez Silvelo, o gaiteiro de Outeiro, que é tamén percusionista, cantor, poeta e artesán.