Nova: Homenaxe a Francisco Asorey co gallo do seu 126º aniversario

04/03/2015

Homenaxe a Francisco Asorey co gallo do seu 126º aniversario

O coñecido escultor conta cunha placa conmemorativa en Tras Santa Clara, rúa de Santiago de Compostela onde tivo o seu obradoiro

  • Francisco Asorey González (1889-1961) Francisco Asorey González (1889-1961)
  • O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, referiuse a Asorey como unha das figuras máis sobranceiras da renovación da arte escultórica do século XX. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, referiuse a Asorey como unha das figuras máis sobranceiras da renovación da arte escultórica do século XX.

Santiago, 4 de marzo de 2015.- Coincidindo co 126º aniversario do nacemento de Francisco Asorey, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou hoxe no acto de descubrimento dunha placa conmemorativa na súa honra, que tivo lugar na rúa compostelá Tras de Santa Clara, onde o artista tivera o seu obradoiro.

Durante o acto de homenaxe ao escultor, promovido polo Concello de Santiago, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, referiuse a Asorey como unha das figuras máis sobranceiras da renovación da arte escultórica do século XX e recordou que as súas obras xa forman parte da expresión identitaria de Galicia no plano artístico, grazas a unha recoñecida creación que soubo conectar a tradición coa vangarda.

Ademais do secretario xeral de Cultura, participaron no acto o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o alcalde de Cambados, Luís Aragunde, membros da Asociación Francisco Asorey e o fillo do artista, José Manuel Asorey, entre outros.

Comparte