Premio: IX Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

IX Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

A Radio Galega organiza, co apoio da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a novena edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, unha iniciativa que pretende fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio, facilitar o diálogo entre autores e autoras e o medio radiofónico, divulgar a escrita teatral galega, promover o encontro entre a audiencia e o teatro e contribuír á recuperación do formato de teatro radiofónico desde unha perspectiva contemporánea.

As dramatizacións emitiranse nos distintos programas da Radio Galega. Entre as emitidas o xurado escollerá a obra galardoada co premio do xurado e a audiencia votará a obra que recibirá o premio do público. Cada un dos premios está dotado economicamente con 3.000 euros.

O prazo de presentación de orixinais da novena edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico rematará o 15 de setembro de 2015 e as bases pódense consultar nas webs www.crtvg.es e www.cultura.gal

Estado do trámite: Resolto

Comparte