Premio: XXV Certame de narracións breves Manuel Murguía

XXV Certame de narracións breves Manuel Murguía

O Concello de Arteixo, para contribuír ao desenvolvemento da narrativa galega e honrar ao noso Patriarca, convoca con carácter anual o 25º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía.

BASES

1. Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cunha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega.

2. Os relatos, que deberán ser orixinais e inéditos, en calquera soporte (papel, electrónico, etc.), deberán ofrecer unha extensión non inferior a 15 páxinas nin superior a 30, estar escritos con letra arial, corpo 12 e tamaño DIN A4.

3. Os traballos presentaranse por cuadriplicado, mecanografados a duplo espazo, por unha soa cara e só co título da obra e un lema. Xuntarase unha copia do texto nun CD en formato LibreOffice, Word ou similar. Nun sobre pechado achegaranse o título, o lema, o nome, o enderezo, o teléfono e o currículo do autor ou autora.

4. As obras deberán enviarse facendo constar no sobre “25º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía” antes do 1 de marzo de 2016 ao seguinte enderezo. Concello de Arteixo Praza Alcalde R Dopico, nº 1 15142 Arteixo A Coruña

5. Establécense tres premios: un primeiro premio dotado con 4.000,00 €, un segundo de 500,00 € e un terceiro de 300,00 €, todos eles sometidos á correspondente retención. Os galardóns poden declararse desertos.

6. O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable no mes de maio de 2016.

7. Os tres finalistas deberán estar presentes o día da entrega para recibir os premios.

8. Os orixinais non premiados poderán ser devoltos, sempre que o soliciten os seus autores por escrito no prazo máximo dun mes a partir do ditame.

9. No caso de que o Concello edite os textos en papel, os dereitos derivados de tal publicación poderán ser aboados mediante a entrega dun número de exemplares calculado a tal efecto. Os autores farán constar en edicións en papel ou electrónicas posteriores da súa obra que foi premiada neste certame.

10. A interpretación destas bases corresponde exclusivamente ó xurado. O feito de participar no certame supón a aceptación das presentes bases.

Estado do trámite: Resolto

Comparte