Premio: III Premios Martín Códax

III Premios Martín Códax

Os Premios Martín Códax da Música abriron convocatoria da súa terceira edición, para a que se abre ata o 29 de febreiro o prazo de inscrición de candidaturas a través da súa web www.premiosmartincodaxdamusica.com.

O certame que organiza a asociación Músicos ao Vivo cambia así as súas datas de celebración, de xeito que a gala se traslada do inverno á primavera (28 de abril) e pasa a compartir calendario con outros destacados premios sectoriais da cultura galega, como os María Casares de teatro ou os Mestre Mateo do audiovisual.

Outra das novidades é a incorporación da música vocal como categoría a concurso nesta terceira edición, para a que se convocan 16 modalidades musicais e tres premios 'Organistrum' para salas, festivais e espazos de comunicación, así como o recoñecemento honorífico 'Músicos ao Vivo' que se fará público o vindeiro 15 de marzo.

Ademais, as bases permiten por vez primeira a participación no certame de artistas ou grupos de fóra de Galicia que canten en galego ou cun repertorio de raíz galega na súa meirande parte.

Estado do trámite: Resolto

Comparte