Premio: Premio Europa Nostra 2016

Premio Europa Nostra 2016

Premio da Unión Europea de Patrimonio Cultural

O premio Europa Nostra convócase anualmente co fin de recoñecer a excelencia e fomentar as mellores prácticas na conservación do patrimonio cultural tanxible e intangible, estimular o intercambio de coñecementos e experiencias entre todos os países europeos, incrementar o coñecemento e o aprecio polo patrimonio cultural europeo e fomentar iniciativas similares mediante o poder do exemplo.

Os proxectos poden presentarse en catro categorías: conservación, investigación e dixitalización, dedicación individual ou colectiva e educación, formación e sensibilización.

O criterio para a selección das realizacións inclúe a calidade do traballo realizado e a investigación previa levada a cabo, así como o respecto polo valor artístico, cultural e social, a autenticidade e integridade. Prestarase tamén especial atención á sustentabilidade, interpretación e presentación, labor educativo, financiamento e xestión e a responsabilidade social.

Serán premiadas ata 30 realizacións e iniciativas relevantes de toda Europa. Ata un total de sete destas realizacións poderán obter ademais un Gran Premio, dotado con 10.000?. E unha delas obterá o Premio do Público mediante unha votación online a través da páxina web de Europa Nostra.

A data límite para a presentación de proxectos é o 1 de outubro de 2016.

Estado do trámite: Resolto

Comparte