Premio: Concurso de Fotografía Xurxo Lobato 2017

Concurso de Fotografía Xurxo Lobato 2017
Convocado pola Asociación de antigos alumnos do Instituto Monelos [A Coruña]
O concurso vai dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacherelato e Formación Profesional de Galicia, cun límite de idade para presentarse de 21 anos.
O tema é libre. As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor. Máximo de 3 fotografías por participante. As fotografías serán en formato dixital e só se poderán enviar por correo electrónico.
A data de entrega: antes do 10 de marzo de 2017.
Os autores/as deberán enviar as fotografías por correo electrónico a fotomonelos@gmail.com cos seguintes datos: nome e apelidos, DNI, idade, teléfono, enderezo, centro de estudo, curso. E poñerlle un título a cada foto.
Estado do trámite:
Resolto