Premio: I Concurso de piano Mestre Soutullo 

I Concurso de piano Mestre Soutullo 

Ampliado o prazo de matrícula ata o 28 de abril

Ante a excelente acollida que está a ter o I Concurso Nacional de piano Mestre Soutullo que se celebrará en Ponteareas, Auditorio Reveriano Soutullo, os días 11, 12, 13 e 14 de maio do presente ano, a Fundación Reveriano Soutullo Otero decidiu ampliar o prazo de matrícula ata o día 28 de abril.
 
O concurso está dirixido a alumnos de conservatorios e escolas de música que cursen o grao elemental ou profesional.

As obras obrigadas de cada categoría  pertencen ao álbum de piano  de Soutullo titulado En noche de luna. Obra  grao elemental: vals. Obra  grao profesional: mazurca. Este álbum foi editado por Dos Acordes, revisión crítica do pianista Afasto Amoedo. As obras tamén se poden consultar  nos arquivos informatizados da Biblioteca Nacional

Estado do trámite: Resolto

Comparte