Premio: VI Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro
VI Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro
O Concello de Negreira convoca o VI certame de poesía "X. M. López Ardeiro".
O poemario gañador será publicado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral do Libro, facéndolle entrega de 200 exemplares ao autor ou autora. Ademais, esta edición contará cunha dotación económica por parte do Concello de Negreira de 700 euros para o primeiro premio, e de 300 euros para o segundo.
Os traballos, escritos en lingua galega, deberán ser orixinais e inéditos; cunha extensión mínima de 350 versos e máxima de 700.
Cada persoa poderá participar cunha única obra, que poderá presentarse ata o 4 de decembro de 2017.
A entrega de premios será o día 22 dese mesmo mes, coincidindo co 10º aniversario do pasamento do poeta de Logrosa, en Negreira, X. M. López Ardeiro.
Ligazóns
Documentos relacionados
- Cartel do premio349.69 KB
- Bases completas930.07 KB