Premio: XII Bienal de Pintura Eixo Atlántico 2017 - 2018

XII Bienal de Pintura Eixo Atlántico 2017 - 2018

A Bienal de Pintura do Eixo Atlántico é organizada polo Eixo Atlántico, coa colaboración das entidades Fundación da Xuventude e Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Cultura e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e réxese polas regras a seguir descritas.

REGRAS XERAIS
1. Participantes Poderán concorrer ó certame todos os artistas naturais e/ou residentes nas dúas rexións, Galicia e Norte de Portugal, que integran o Eixo Atlántico, para o que se debe anexar comprobante.
2. Obra Cada autor poderá concursar só cunha obra de pintura, orixinal e inédita, enténdese como tal aquela que sexa da súa exclusiva propiedade e que non fose exposta nin presentada con anterioridade a ningún outro certame ou concurso. Termo que se acreditará mediante declaración xurada no Boletín de recepción da obra.
3. Aspectos técnicos Tanto o tema como a técnica a utilizar serán de libre elección, sempre tendo en conta que é unha bienal de pintura exclusivamente. As dimensións das obras non serán inferiores a 65 cm. no seu lado menor nin superiores a 120 x 120 cm. En caso de enmarcado da obra, o ancho da moldura non debe superar os 3 cm. visto de fronte. Non se admitirán obras protexidas cun cristal, pero si con metacrilato ou material plástico irrompible.
4. Preselección Os autores que desexen participar formalizarán a Inscrición a través da páxina web da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico. O prazo de inscrición será de 60 días.
As inscricións terán lugar entre o día 14 de xullo e o día 14 de setembro de 2017.
Cada participante terá que encher todos os campos do formulario de inscrición do premio que se atopa na web

Estado do trámite: Resolto

Documentos relacionados

Comparte