Premio: Concurso-exposición Letras Galegas 2019
Concurso-exposición Letras Galegas 2019
Convocatoria do concurso para elaborar a exposición sobre o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa colaboración da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2019, Antón Fraguas Fraguas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu.
Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación.
O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio en metálico por un importe de 2 000 €.
O profesorado que participe de forma activa na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para a persoa coordinadora).
O prazo de presentación dos traballos remata o día 22 de xaneiro de 2019.