Premio: XI edición do Premio Nacional Elisa de Sousa Pedroso. 1ª edición do Premio Luso-Galaico

XI edición do Premio Nacional Elisa de Sousa Pedroso. 1ª edición do Premio Luso-Galaico

Convocatoria premio para novos violinistas e pianistas- Programa Nortear

Convócase o Premio Elisa Sousa Pedroso desde o Conservatorio de Música de Vila Real (Portugal). O premio é unha nova incorporación ao Programa Nortear, destinado aos pianistas e violinistas de entre 8 a 23 anos de Galicia e Portugal.

O Premio Elisa de Sousa Pedroso é un concurso anual de interpreteación dedicado ás modalidades de piano e violín, que terá lugar no Conservatorio de Música de Vila Real (Portugal). 

Ademais de ser un evento cultural destinado á difusión do nome de Elisa de Sousa Pedroso, a XI edición do Premio Nacional Elisa de Sousa Pedroso ampliou a súa área xeográfica coa creación da 1ª edición do Premio Luso-Galaico. 

Así, o Premio ten como obxectivo promover o mérito performativo, a excelencia interpretativa dos candidatos de nacionalidade portuguesa, os estranxeiros residentes en Portugal e os candidatos de Galicia rexistrando e difundido o traballo desenvolvido polos candidatos para contribuír á súa promoción nos máis diversos escenarios. 

A inscrición estará aberta ata o 1 de xullo e as probas realizaranse entre o 11 e o 13 de xullo deste ano.

Estado do trámite: En trámite

Comparte