Premio: III Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea

III Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea

Nesta convocatoria só será posible tramitar as solicitudes de participación de xeito telemático a través da sede electrónica da Xunta

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, convoca a terceira edición do Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, un galardón que ten como principal obxectivo promover a produción de pensamento sobre esta materia.

Tal e como recollen as bases do galardón, publicadas no DOG do 29 de xuño, poderá optar a este premio calquera persoa física, maior de idade, que presente textos inéditos escritos en galego segundo a normativa vixente e que estean relacionados con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea. Así pois, os traballos serán de temática libre, sempre que versen sobre esta materia e terán un carácter divulgativo.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto 2 meses, entre o 30 de xuño e o 30 de setembro e o gañador recibirá un premio de 3.000€. Nesta convocatoria só será posible tramitar as solicitudes de participación de xeito telemático a través da sede electrónica da Xunta.

No que respecta ao xurado estará composto por un máximo de seis persoas e estará presidido polo director do Centro Galego de Arte Contemporánea. Entre os requisitos que se valorarán destaca a orixinalidade do enfoque e os elementos de innovación e creativos que achegue, a singularidade da perspectiva histórica ou metodolóxica ou a calidade literaria do texto.

A través da convocatoria deste premio o CGAC busca promover o coñecemento e favorecer o acceso do público á arte contemporánea, así como impulsar a comunicación social nesta área.

Estado do trámite: En trámite

Comparte