Chelo Matesanz: As miñas cousas en observación
Autor/a: De Diego, Estrella. Martínez Domínguez, Chus. Matesanz, Chelo

Material textual - Publicación electrónica en liña - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5162-8
Idiomas:
Castelán, Galego
Edita:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)
Edición:
1ª
Ano:
2014
Temas:
Arte, Música
Ilustracións:
cor
Encadernación:
Tapa branda
Volumes:
1
Páxinas:
164
Sinopse
As miñas cousas en observación é, como o seu título indica, unha revisión exhaustiva da traxectoria da artista cántabra Chelo Matesanz (Reinosa, 1964) a través das súas creacións e dun bo número de obxectos que inspiraron o seu traballo desde a década dos noventa até a actualidade.
A miúdo asociada co movemento feminista, a súa obra é coñecida por cuestionar de xeito incansable as certezas comunmente atribuídas á arte de mulleres. Os seus traballos máis recentes caracterízanse pola reinterpretación de elementos da cultura popular galega, aos que dota dun significado novo, a través do filtro dunha mirada aguda e sen prexuízos.