Terceiro acto
Autor/a: Jiménez, Andrea

Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5374-5ISBN-13: 978-84-122421-9-5
Idiomas:
Galego
Edita:
Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Axencia Galega das Industrias Culturais (Santiago de Compostela), Edicións Positivas (Santiago de Compostela)
Edición:
1ª
Ano:
2021
Temas:
Cine, Teatro, Espectáculos
Colección:
O papel do teatro (7)
Ilustracións:
cor
Encadernación:
Tapa branda
Volumes:
1
Páxinas:
71
Sinopse
Nº 7 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.
Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que quizais sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren con quen xa non está, ao mesmo tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e desexos para esta nova etapa da vida.
Terceiro acto é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.