Pois eu!

Pois eu!, de Carlos Losada Galiñáns, conforma o número 16 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XIV premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade para rapaces (edición 2020), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, en Pois eu! a compañía de monicreques de Filipa ensaia a súa nova montaxe en que as xentes da vila da Costeira deben facer fronte á avaricia dos señores do castelo, os Lagartorius, e atopar o xeito de ser donas do seu propio destino. Namentres, o cabaleiro andante Filiberto de Cavalcanti, a Sibila de Cumas, metamorfoseada por un feitizo nun corcel branco, e o trobador Andrés de Costeira tentan retomar o control das súas vidas.