Serva me, servabo te
Autor/a: Bouzas, Belén. M. Buceta, Diego. Martínez, Fran

Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5386-8ISBN-13: 978-84-123257-7-5
Idiomas:
Galego
Edita:
Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Universidade - AGADIC (Santiago de Compostela), Edición Positivas, S.L. (Santiago de Compostela)
Edición:
1ª
Ano:
2021
Temas:
Cine, Teatro, Espectáculos
Colección:
O papel do teatro (8)
Ilustracións:
cor
Encadernación:
Tapa branda
Volumes:
1
Páxinas:
74
Sinopse
Nº 8 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas. "Serva me, servabo te" fala do hoxe, de nós, de como afrontarmos xuntos as ondas do presente. O título, Serva me, servabo te (axúdame e axudareiche, en latín), coloca na escena a loita dos corpos contra as marusías da historia. Corpo, voz e espazo como elementos básicos e primixenios da expresión teatral. Unha viaxe á procura de novos retos e na que o risco, a xenerosidade e o traballo comprometido da compañía Pálido Domingo, aos mandos da creación, teñen como resultado unha proposta fermosa e desafiante.