Antón Patiño: Caosmos
Autor/a: Espejo, Bea. Olmo, Santiago. Rivas, Manuel

Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5392-9
Idiomas:
Inglés, Castelán, Galego
Edita:
Consellería de Cultura, Educacion e Universidade, Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)
Edición:
1ª
Ano:
2021
Temas:
Arte, Música
Ilustracións:
cor
Encadernación:
Tapa dura
Volumes:
1
Páxinas:
232
Sinopse
Caosmos é unha aproximación á traxectoria do artista galego Antón Patiño (Monforte de Lemos, Lugo 1957), centrada nunha escolma de pezas que abrangue distintas etapas do seu labor no eido das artes plásticas, desde a súa participación na fundación de Atlántica (referencia central para a arte galega nas últimas décadas) até a actualidade, pero tamén no ámbito da literatura e o pensamento, como autor de diversos libros de ensaio artístico e teoría da imaxe.