Tigres en magnolias: A maxia como transformación na arte contemporánea

Autor/a: Marco Covelo, María
Tigres en magnolias: A maxia como transformación na arte contemporánea
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5403-2
Idiomas: Galego
Edita: Consellería de Cultura, Educacion e Universidade, Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2021
Temas: Arte, Música
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 180
Sinopse

Tigres en magnolias de María Marco é o ensaio galardoado na segunda edición do Premio CGAC de investigación e ensaio. O texto, que explora os puntos de contacto entre a maxia e a arte contemporánea, destaca pola súa orixinalidade, produto dunha mirada que interrelaciona o culto e o popular, o persoal e o académico, o internacional e o local ao mesmo tempo que reivindica a figura dalgunhas artistas que, malia o seu talento e a importancia das súas achegas, non figuran nos manuais de historia da arte. María Marco é licenciada en Humanidades e doutora cum laude en Belas Artes. Colabora desde 2014 en El Cultural do xornal El Mundo cubrindo a área de arte contemporánea en Galicia. En 2020 recibiu o Premio Xerais de Novela por Coidadora (Xerais, 2021).

 

 

P.V.P. (I.V.E. Incluído): 14.00

Comparte