ArGaMed 5/2022. Verdades duplas. A verdade do texto e a verdade material. Cancioneiros e fragmentos galego-portugueses | 5, 2022
Editor/a literario/a: González, Déborah

Material textual - Publicación electrónica en liña - Publicación periódica
ISSN: 2695-3951
Idiomas:
Galego
Edita:
Consellería, de Cultura, Educación, FP e Universidades, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Santiago de Compostela)
Edición:
1ª
Ano:
2022
Temas:
Lingua, Literatura, Filoloxía
Volumes:
1
Páxinas:
184
Numeración:
5, 2022
Periodicidade:
Anual
Sinopse
Como obxecto cultural único, singular e irrepetible, o manuscrito medieval non pode ser observado, como mero soporte a través do que é legado o texto literario. O aspecto físico dun códice pode proporcionar esclarecementos útiles para a valorización crítica do texto. A observación detallada da materialidade dos manuscritos que legan textos literarios, repercute en beneficio da edición.
Este volume monográfico pretende presentar unha aproximación á materialidade dos cancioneiros galego-portugueses, con incidencia nun máis afinado recoñecemento crítico da transmisión do texto e da actividade ecdótica.