O traxe

Autor/a: Castro Paredes, Fernando
O traxe
Material textual - Publicación en papel - Folleto
ISBN-13: 978-84-453-5448-3
Idiomas: Galego
Edita: Consellería de Cultura, Educacion, Formación Profesional e Universidades, AGADIC (Santiago de Compostela), Edicións Xerais de Galicia (Vigo)
Edición:
Ano: 2023
Temas: Cine, Teatro, Espectáculos
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 48
Sinopse

O traxe, de Fernando Castro Paredes, conforma o número 27 da colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

Gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2022, a obra O traxe é un monólogo dramático que, facendo uso do humor negro, nos presenta un personaxe inquietante e complexo que, levado ao límite polas circunstancias, decide mostrarse ao mundo tal como é, pois xa nada ten que perder. Unha comedia cruel sobre a intolerancia, a violencia reprimida, a incomunicación e a morte.

P.V.P. (I.V.E. Incluído): 16.50

Comparte