Axudas, subvencións e bolsas : ORDE do 28 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT110C).

ORDE do 28 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT110C).

O obxecto desta orde é, por unha banda, o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas aos museos e outros centros museísticos que formen parte do Sistema galego de centros museísticos para a realización de actuacións e actividades museísticas que faciliten a conservación, a seguranza, a documentación, a investigación, a difusión e, por outra, a convocatoria das axudas para o ano 2025 (código de procedemento CT110C).

Poderán optar a estas axudas os entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas, titulares de museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación, inscritas no Rexistro Xeral de Centros Museísticos de Galicia que cumpran os requisitos establecidos nesta orde, con exclusión de:

a) Fundacións ou padroados en cuxo órgano de goberno participe a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e achegue recursos para financiar o seu funcionamento.

b) Entidades titulares de museos e centros museísticos destinatarios de subvencións nominativas coa mesma finalidade, consignadas nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, nas partidas de gasto correspondentes á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

 As axudas convocadas para o ano 2025 terán unha contía total de douscentos mil euros (200.000,00 €), que se imputarán aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 nas aplicacións orzamentarias 43.03.432A.760.4 (100.000,00 €) e 43.03.432A.781.2 (100.000,00 €).

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de febreiro de 2025.

Máis información aquí: DOG

Estado de tramite: En prazoen prazo

Prazo de presentación: 01/02/2025 a 28/02/2025

Documentos relacionados

Comparte