O Rexistro da Propiedade Intelectual é un instrumento de constancia oficial da titularidade dos dereitos de propiedade intelectual sobre unha creación orixinal literaria, artística ou científica ou sobre unha actuación ou produción das previstas na Lei de propiedade intelectual.
Como mecanismo administrativo de protección destes dereitos, o seu obxecto é a inscrición ou a anotación dos dereitos sobre as obras, actuacións ou producións protexidas pola normativa de propiedade intelectual. A súa vez, ten por obxecto, a inscrición dos actos e contratos de constitución, transmisión, modificación ou extinción que afecten a tales dereitos inscribibles.