Novas

cartel Festival Intercéltico do Morrazo

11/07/2014

Budiño, Luar na Lubre e Susana Seivane encabezan o cartel musical que se despregará o 25 e 26 de xullo na localidade morracense

11/07/2014

Os dous mestres do jazz actuarán o sábado 26 de xullo no Museo Centro Gaiás co espectáculo ‘The songs of Return to Forever’

As localidades, que custaban desde os 14€ as máis caras aos 10€ as máis baratas, esgotáronse en menos dun mes

10/07/2014

Un conxunto de 132 pezas de gran relevancia histórica e artística conforman esta mostra promovida pola Deputación de Pontevedra, que se pode visitar ata o 31 de agosto no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Anxo Lorenzo e Jacobo Sutil na sesión informativa sobre as axudas da Agadic

10/07/2014

A Consellería reuniu hoxe a colectivos e creadores individuais do sector para facelos partícipes dos contidos das próximas liñas de axuda que se convocarán a través da Agadic por un importe total de 2.530.000 euros

A SXPL programa o concerto de fados en galego

10/07/2014

Durante estes días, os concertos 'Os sons do vento que pasa', interpretados por Gonçalo Guerreiro; a xincana lingüística Augalingua e o concurso infantil Os Bolechas e o Sabichón visitarán Toques, Pontecesures, Abegondo, A Cañiza e Celanova

Certame de Investigación Condado de Pallares

10/07/2014

Ao abeiro desta inciativa, promovida pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, ven a luz traballos de investigación en galego sobre lingua, arte, etnografía e antropoloxía dos concellos de Taboada, Chantada, Carballedo, Portom

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, inaugurou esta tarde a exposición ‘Metagénesix’, que lle ofrece ao público unha mostra da arquitectura que actualmente se realiza en Galicia e que se poderá visitar na Fundación Pública Camilo José Cela durante os meses de xullo e agosto.

09/07/2014

‘Metagénesix’ é o título baixo o que se presenta esta mostra, que inclúe unha selección de obras de 10 estudios de arquitectos galegos nados na década dos 70

09/07/2014

Organizado pola Fundación Carlos Casares xunto coa Universidade de Vigo, desenvolverase do 15 ao 18 de xullo no Auditorio Ilduara da vila ourensá baixo o título ‘O audiovisual galego: 25 anos de presente’

I Concurso de Micropoemas José García Nieto

09/07/2014

O obxectivo é fomentar a creación poética e conmemorar o centenario do nacemento do escritor e académico

Páxinas