PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2023

A Xunta de Galicia convoca os Premios da Cultura Galega 2023 en todas as súas modalidades, uns galardóns que teñen por obxecto recoñecer o labor creativo en Galicia e a súa expansión nos novos espazos que se abren na actualidade en diferentes ámbitos. As oito modalidades convocadas son as de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior.

O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades e con representación do Consello da Cultura Galega, das universidades, da Real Academia Galega, da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, da Xunta de Galicia, a través das áreas de Cultura e Igualdade, e de catro persoas de recoñecido prestixio no eido da cultura, designadas polo Goberno galego, valorou as propostas en cada unha das modalidades para seleciconar aos gañadores, que recibibrán como premio unha escultura ou peza conmemorativa realizada por un/unha artista galego/a de acreditado prestixio e un diploma acreditativo.

Gañadores Premios da Cultura Galega 2023 en cada modalidade:

Letras: Yolanda Castaño

Artes Plásticas: Museo do Gravado á Estampa Dixital

Artes Escénicas: PistaCatro

Música: Banda de Música Unión de Guláns

Audiovisual: Portocabo

Lingua: Ponte... nas Ondas!

Patrimonio Cultural: Eduardo Pardo de Guevara

Proxección Exterior: Cursos de verán Galego sen fronteiras

Premios Cultura Galega 2023